Pasar al contenido principal

A USC obtén o segundo posto na clasificación por universidades do Campionato Galego Universitario de Vela

As embarcacións utilizadas foron barcos ELLIOT 6M, proporcionados pola Real Federación Galega de Vela e adxudicados por sorteo
As embarcacións utilizadas foron barcos ELLIOT 6M, proporcionados pola Real Federación Galega de Vela e adxudicados por sorteo
O equipo da Universidade de Santiago de Compostela estivo conformado por Ana Rodríguez Tabara, César Herrero Baspino e Vicente Bermúdez de Castro Rey
Santiago de Compostela

A USC obtivo o segundo posto na clasificación por universidades do Campionato Galego Universitario de Vela que se desenvolveu en Vilagarcía de Arousa e no que a USC actuou tamén como institución organizadora. O equipo da Universidade de Santiago de Compostela estivo conformado por Ana Rodríguez Tabara, César Herrero Baspino e Vicente Bermúdez de Castro Rey. O posto acadado pola institución compostelá na terceira edición deste campionato clasifícaa para o Campionato de España Universitario de Vela 2024.

As embarcacións utilizadas foron barcos ELLIOT 6M, proporcionados pola Real Federación Galega de Vela e adxudicados por sorteo. O campionato estivo aberto ao conxunto da comunidade universitaria licenza federativa de vela en vigor, como deportista, cumprindo co regulamento de licenzas a Real Federación Española de Vela.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.03.2024.