Pasar al contenido principal

Coalition S presenta un documento aberto a consulta pública para avanzar nun sistema de comunicación científica responsable

Coalition S presentou o documento Towards Responsible Publishing
Coalition S presentou o documento Towards Responsible Publishing
Nesta proposta analízanse as eivas da comunicación científica en acceso aberto e propóñense unha serie de principios para avanzar cara un modelo máis equitativo e sostible. As achegas poderán realizarse ata o vindeiro 30 de abril.

Coalition S, o consorcio internacional de organizacións de financiación da investigación comprometidas co acceso aberto, abre á participación da comunidade investigadora o documento Towards Responsible Publishing, co que achega unha proposta para establecer un sistema de comunicación académica máis equitativo e responsable.

A posta en marcha do Plan S no ano 2017, permitiu que a investigación en acceso aberto aumentara dun xeito moi considerable. Sen embargo, esto conseguiuse utilizando, en moitos casos, modelos de negocio pouco xustos, como as  APC e os acordos denominados Ler e Publicar. Como se indica no informe, a proposta pretende rectificar estes problemas mediante un modelo baseado nos seguintes principios:

  • Autores e autoras son responsables finais da difusión dos seus achados.
  • Difusión, inmediata e en aberto, das investigacións.
  • Os procesos de control de calidade, incluíndo a revisión por pares, teñen que ser abertos e baseados no traballo comunitario.
  • Todas as formas de publicación son lexítimas e deben ser tidas en conta á hora da avaliación da actividade investigadora.

As achegas, que se poderán poderán realizar ata finais de abril, teñen como obxectivo determinar se os principios establecidos no borrador responden as necesidades dos investigadores. Coas propostas da comunidade científica, Coalition S poderá modificar e perfeccionar estes obxectivos para que se axusten ás necesidades reais dos implicados na comunicación académica. Os detalles poden atoparse neste link.

No blog da BUSC  atoparás a entrada "Plan S strikes back: cara un sistema de comunicación científica responsable", realizada polas compañeiras do Servizo de Información.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2024.