Pasar al contenido principal

Publicado o primeiro prototipo lexicográfico en liña sobre peculiaridades léxicas do alemán

Caputra da páxina de inicio de LeGeDe
Caputra da páxina de inicio de LeGeDe
Para o seu desenvolvemento, a profesora da área de Filoloxía Alemá da USC Meike Meliss dirixiu un equipo de investigación interdisciplinar
Santiago de Compostela

Froito de tres anos de traballo, LeGeDe é o primeiro prototipo lexicográfico en liña sobre peculiaridades léxicas do idioma alemán falado en situacións interactivas. Para o seu desenvolvemento, a profesora da área de Filoloxía Alemá da USC Meike Meliss dirixiu un equipo de investigación interdisciplinar agrupado no proxecto Lexik des gesprochenen Deutsch (O léxico do alemán falado). O desenvolvemento deste proxecto entre 2016 e 2019, e para o que a profesor Meliss gozou dunha excedencia académica, realizouse no Instituto de Investigación da Lingua Alemá Leibniz de Mannheim (IDS) con financiamento da asociación científica alemá Leibniz (Leibniz Gemeinschaft). Os datos deste prototipo baséanse en FOLK, un corpus lingüístico do alemán oral, integrado na Base de Datos do alemán falado (DGD) do IDS.

O prototipo LeGeDe presentouse publicamente nun coloqio no IDS de Mannheim no que se mostraron os principais resultados do traballo realizado polo equipo de Meike Meliss. O prototipo está dispoñible de forma gratuíta na plataforma experimental OWID plus do IDS. Nesta presentación, o equipo deu conta da complexidade da estrutura lexicográfica do prototipo e presentou tamén a ferramenta de análise Lexical Explorer, elaborada igualmente ao abeiro deste proxecto.

Para acadar máis información sobre o proxecto, e as súas actividades e publicacións vinculadas, as persoas interesadas poden dirixirse á web do proxecto. Ademais de consultar o LeGeDe, tamén poderán atopar un documento extenso Über LeGeDe sobre as bases teóricas e metodolóxicas desta iniciativa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2019.