Pasar al contenido principal

Novas funcionalidades de Web of Science

A FECYT vén de renovar a licenza de WOS para o período 2024-2026
A FECYT vén de renovar a licenza de WOS para o período 2024-2026
A licenza de WOS para os anos 2024-2026 permite, entre outras melloras, a exportación do CVN desde o perfil de investigador da plataforma, así como o acceso ao novo índice Grants, que recolle o financiamento dos proxectos asociados a publicacións incluídas en WOS.

A FECYT vén de renovar a licenza da base de datos Web of Science para o período 2024- 2026, o que vai permitir, ademais de seguir contando cos servizos existentes ata o de agora, acceder a novas funcionalidades e recursos:

  • Acceso a API Journal de Clarivate, que recolle os datos de impacto a partir da información recollida en JCR desde 1997.
  • Acceso á Web of Science API Expanded, que permite enriquecer os datos dos sistemas de xestión da investigación (CRIS), descargando un maior número de metadatos.
  • Posibilidade de exportar o CVN desde o perfil do investigador de WOS. 
  • Acceso aos índices da base de datos Proquest Dissertation & Theses Citation Index a través de WOS, sen necesidade de buscar en distintas bases de datos.
  • Novo índice Grants que recolle a financiación dos proxectos asociados ás publicacións incluidas en WOS.

Podes consultar a páxina da FECYT para máis información.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2024.