Pasar al contenido principal

Ciclo " Escritoras na Biblioteca" en Ciencias da Educación (Campus Norte)

O vindeiro xoves 21 de marzo ás 17 horas terá lugar o encontro coa escritora Helena Villar Janeiro na biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
O vindeiro xoves 21 de marzo ás 17 horas terá lugar o encontro coa escritora Helena Villar Janeiro na biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
O vindeiro xoves 21 de marzo, Día da Poesía, dará comezo o ciclo " Escritoras na Biblioteca" na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) coa participación da escritora Helena Villar Janeiro.

Con motivo do Día Mundial da Poesía, o vindeiro xoves 21 de marzo iníciase o ciclo "Escritoras na Biblioteca", coa visita de Helena Villar Janeiro á biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte). Esta será a primeira dunha serie de encontros con escritoras e escritores que se achegarán a biblioteca para compartir as súas experiencias no mundo da literatura e reflexionar sobre o espazo das bibliotecas como lugares de aprendizaxe. O encontro comezará ás 17 horas.

A través destes encontros, as mestras e mestres coñecerán a diversos autores galegos e poderán reflexionar, da súa man, sobre o papel que a literatura xoga na educación da infancia. En paralelo, a biblioteca amosará un centro de interese con obras dispoñibles para levar en préstamo.

Helena Villar Janeiro
Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) é unha escritora, mestra e pedagoga que dedicou parte da súa abundante produción literaria á infancia, modalidade da que foi pioneira tanto en narrativa como en poesía. Entre as súas obras podemos atopar  Contos do sol e da lúa (2017), O día que choveu de noite (1985) e Patapau (1989).

Desde 2017 é membro da Real Academia Galega.

Cartaz do ciclo "Escritoras na biblioteca"
Cartaz do ciclo "Escritoras na biblioteca"
Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.03.2024.