Pasar al contenido principal
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'Xornadas sobre bilingüismo: o valor do galego na actividade profesional', un encontro que se desenvolverá o 25 de abril de 16.30 a 18.30 horas no Salón de Actos do centro e no que se tratarán os beneficios do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.
Xornadas Psicoloxía

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'II Xornadas sobre bilingüismo: o uso do galego na actividade profesional', un encontro que se desenvolverá o 25 de abril de 16.30 a 18.30 horas na Sala de Xuntas do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.

No encontro, Castor Méndez Paz, presentará o proxecto terminográfico Dicionario de termos de Psicoloxía, desenvolvido pola Comisión de Normalización da Facultade de Psicoloxía e a Área de Terminoloxía do SNL.

A seguir, Marcos Díaz López, da Universidade de Deusto,  falará de como o idioma empregado pode afectar á toma de decisións. Para cerrar a xornada, Encarna Álvarez Gallego e  Mª Carmen González Hermo tratarán nunha mesa de experiencias como afecta na práctica clínica o uso do galego e a súa utilidade.

A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 24 de abril a través da Secretaría Virtual da USC para os membros da comunidade universitaria e a través deste formulario para as persoas de fóra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.11.2024.