Pasar al contenido principal

Máis de medio centro de estudantes participaron nas segundas xornadas sobre a investigación en Bioloxía como saída profesional

Dezaseis grupos de investigación e máis de medio cento de estudantes da Facultade de Bioloxía pechan este venres 10 as segundas ‘Xornadas sobre a investigación en Bioloxía como saída profesional’. Esta é unha proposta que dá a coñecer as liñas de traballo dos grupos de investigación da Facultade e as posibilidades de desenvolvemento formativo e profesional ás que o alumnado pode optar no caso de querer desenvolver a súa carreira investigadora na USC.

As xornadas comezaron este xoves coa intervención dos/as coordinadores dos grupos de investigación que expuxeron as súas liñas de traballo principais xunto coa oferta formativa do seu grupo. Este venres tivo lugar unha xornada de portas abertas nos laboratorios dos grupos participantes para mostrar as instalacións e recursos dispoñibles.

Foi unha iniciativa dirixida a todo o alumnado do grao en Bioloxía, especialmente aos dos dous últimos cursos co obxecto de facilitar a solicitude de bolsas de colaboración e a elección do Traballo Fin de Grao, máster e programa de doutoramento. As xornadas foron organizadas pola profesora Carola Gómez Rodríguez e os profesores Andrés Baselga Fraga e Francisco Salgado Castro en colaboración co Decanato da Facultade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2017.