Pasar al contenido principal

O xoves abre o prazo do curso para elaborar presentacións dixitais eficientes

O curso desenvolverase en abril e maio. Foto: Santi Alvite
O curso desenvolverase en abril e maio. Foto: Santi Alvite
Desenvolverase en abril e maio os martes e xoves en quendas de mañá ou tarde

Promover a elaboración de presentacións de calidade para a defensa de traballos académicos, TFG, TFM ou teses de doutoramento é o obxectivo do módulo formativo ‘Presentacións dixitais eficientes’ que comeza a vindeira semana organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC. O prazo para inscribirse estará aberto este xoves 11 e o venres 12.

No curso, o alumnado aprenderá a manexar os programas informáticos que se utilizan para a realización de presentacións así como a comunicación con esas ferramentas.

Cunha duración total de 25 horas -13 de traballo persoal e 12 de teledocencia- e impartido polo técnico do SNL Manuel Bermúdez Blanco, o módulo desenvolverase en abril e maio os martes e xoves en quendas de mañá ou tarde.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2024.