Pasar al contenido principal

Económicas conmemora o patrón da Facultade

Xoán Doldán, esquerda, Ernesto González Seoane e María del Carmen Guisán Seijas nun momento do evento
Xoán Doldán, esquerda, Ernesto González Seoane e María del Carmen Guisán Seijas nun momento do evento
Déronse a coñecer os premios de pintura Crearte e outorgáronse as distincións a estudantes

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais conmemorou este mércores o Día do Patrón do centro cun amplo programa de actos, que presidiu o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, acompañado polo decano da Facultade, Xoán Ramón Doldán, e pola profesora xubilada do mesmo centro María del Carmen Guisán Seijas.

Tras as intervencións do vicerreitor e do decano, entregáronse os premios de pintura Crearte na Universidade (XIII edición), Fulget 2023, Innovación Docente 2023, premios extraordinarios de grao e de mestrado 2022-2023, premio María del Carmen Guisán Seijas (IV edición) a traballos de fin de grao e María Xosé Rodríguez Galdo a traballos de fin de mestrado sobre a introdución da perspectiva de xénero e premios extraordinarios de doutoramento.

A continuación desenvolveuse un acto de recoñecemento da acción solidaria desenvolvida pola Facultade coa Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e con Enfermidades Oncohematolóxicas (Asotrame). Pechou o evento o vicerreitor.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2024.