Pasar al contenido principal

Taller de autores para estudantes de doutoramento

Proquest oferta un programa de sesións formativas entre os meses de abril e xuño
Proquest oferta un programa de sesións formativas entre os meses de abril e xuño
A editorial Proquest organiza un ciclo de sesións formativas que dará comezo o vindeiro 17 de abril cun webinar destinado aos estudantes de doutoramento.

O vindeiro mércores 17 de abril dará comezo un ciclo sesións formativas organizadas por Proquest cun obradoiro destinado aos estudantes de doutoramento. A sesión terá unha hora de duración e dará comezo ás 10h. É necesaria inscrición previa.

Nesta primeira formación repasaranse unha serie de boas prácticas para realizar unha tese de doutoramento e utilizaranse recursos que poden ser de utilidade para os doutorandos, como ProQuest Dissertations & Theses.

Podes inscribirte nesta sesión picando aquí e cubrindo o formulario.

Na Intranet da BUSC poderás obter información desta e das seguintes sesións, ademais da axenda completa de cursos formativos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.04.2024.