Pasar al contenido principal

Un relatorio sobre os primeiros oleiros lugueses abre un ciclo sobre a tradición cerámica da provincia no Vello Cárcere

Imaxe do cartel da mostra 'Conciencia dunha Tradición: Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós'
Imaxe do cartel da mostra 'Conciencia dunha Tradición: Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós'
Adrián Folgueira, Roberto Bartolomé e Enrique Alcorta falarán este xoves, ás 18.00 horas, sobre a produción cerámica de Lucus Augusti entre os século I e VII

Un relatorio sobre os primeiros oleiros lugueses, a cargo de Adrián Folgueira, Roberto Bartolomé e Enrique Alcorta, abre esta xoves, ás 18.00 horas, no Vello Cárcere de Lugo o ciclo de relatorios organizado ao abeiro do proxecto ‘Alfarería de Galicia. ConCiencia de una tradición’, un programa financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e liderado por Pilar Prieto Martínez, cuxa exposición central ‘Conciencia dunha Tradición: Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós’, permanece aberta desde o 29 de febreiro e ata o 17 de maio nas dependencias do centro cívico da capital luguesa.

Os relatores convidados a participar nesta primeira sesión tratarán sobre a produción oleira de Lucus Augusti, desde o seu inicio a principios do século I ata o seu final aló polo séculos VI-VII. A explicación do o seu modelo organizativo, o barrio oleiro, os tipos de fornos, a súa produción cerámica, tipoloxía… centrarán esta primeira sesión, no marco da que tamén se falará dos diferentes oleiros coñecidos polos seus selos e da evolución experimentada ata acadar una gran produción cerámica.

O Vello Cárcere acollerá o vindeiro xoves 18 de abril, ás 17.00 horas, unha nova charla sobre olaría tradicional galega. Neste caso, Aflonso Fanjul Peraza ofrecerá o relatorio ‘Unha etnografía desde a Arqueoloxía. Investigacións nos alfares tradicionais da cerámica de Faro (Oviedo)’. A temática desta intervención está xustificada no feito de que esta localidade asturiana chegou a ter 70 fornos de cerámica a finais do século XVIII, aínda que na actualidade conta cun único obradoiro en funcionamento.

Os relatorios ‘Pincipais características e diferencias das pezas producidas nos centros alfareiros de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós’, a cargo de responsables da Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira, programada para o 25 de abril, ás 18.00 horas, no Vello Cárcere, e ‘Unha viaxe pola tinaxaría española. As ámboas, unha peza con personalidade propia, da man de Alfons Romero, completan o programa de charlas divulgativas organizadas ao abeiro do proxecto ‘Alfarería de Galicia. ConCiencia de una tradición’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2024.