Pasar al contenido principal

O Día da Escola de Enxeñaría serve de recoñecemento aos mellores traballos desenvolvidos polo estudantado

O Día da Enxeñaría conmemora o natalicio de Leonardo da Vinci, o 15 de abril de 1452
O Día da Enxeñaría conmemora o natalicio de Leonardo da Vinci, o 15 de abril de 1452
A exposición da memoria de actividades do centro e a conferencia de Noé Pestonit 'Bioetanol: perspectivas de futuro' completaron o programa da xornada

O Día da Escola de Enxeñaría desenvolveuse este xoves no Salón de Actos da ETSE. Abriu o acto o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC Gumersindo Feijoo Costa, e a continuación falou a directora da ETSE, Julia González Álvarez. A secretaria da ETSE, Nelly Condory Fernández, presentou despois a Memoria de Actividades da Escola no curso 2022-23.

A seguinte parte da xornada foi a entrega dos premios extraordinarios de fin de carreira, premios a mellores expedientes, a mellores TFG e TFM e á calidade lingüística de TFG e TFM. A seguir, o director de planta en Vertex Bioenergy-Bioetanol Galicia, Noé Pestonit Freire, falou de 'Bioetanol: perspectivas de futuro'

Deseguido tivo lugar a entrega dos premios Leonardo á docencia e á investigación, Beatrice Alice Hicks ao alumnado máis comprometido coa participación universitaria, Altia ao mellor TFG no grao en Enxeñaría Informática, Cátedra Institucional de Transición Enerxética Genesal Energy da USC aos mellores TFG e TFM sobre transición enerxética, ViAQUA ao mellor TFM no Máster en Enxeñaría Ambiental e DXC ao mellor TFM no Máster en Tecnoloxías de Análise de Masivos: Big Data. O acto foi clausurado polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2024.