Somos unha agrupación de traballadoras e traballadores do PAS laboral da USC que nos presentamos ás eleccións sindicais para ter voz propia e dar voz a quen non se sinta representado
Queremos:
- Unha representación máis paritaria de todos os colectivos de PAS laboral da USC
- Mellorar a transparencia das negociacións entre a Xerencia e o Comité Intercentros.
- Procesos de selección máis xustos e transparentes
- O desenvolvemento dunha carreira profesional vertical equitativa para todo o PAS.