A USC convoca 4 prazas para cursar estudos de grao durante un semestre (5 meses) no curso 24-25 nas institucións socias University of Banja Luka ou na University of Sarajevo (Bosnia), co correspondente recoñecemento dos créditos cursados a través do programa Erasmus+ con países extracomunitarios.
A mobilidade está dirixida tanto ao alumnado da USC matriculado nun grao como en programas de simultaneidade (dobres graos) nas áreas de estudo dispoñibles nas institucións de acollida.
Email de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.gal
Prazo de solicitude: 17/04/2024 - 30/04/2024
A solicitude realizarase en liña, a través do Rexistro electrónico da USC (https://sede.usc.es/).
O procedemento de selección estrutúrase en dúas fases:
- Na primeira fase compróbase a elixibilidade das persoas candidatas por cumprir os requisitos.
- A segunda fase será competencia da Oficina de Mobilidade, que asignará as prazas en base aos destinos solicitados polo/a estudante e por estrita orde de media académica.
A adxudicación da praza por parte da USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino, que se reserva a potestade de admisión.
Os destinos dispoñibles para a Convocatoria de mobilidade Erasmus+ KA171 para o curso 2023/24 son os seguintes:
País | Universidade de destino | Áreas de estudo | Nº Prazas | Idioma Requirido | |
Bosnia | University of Sarajevo (erasmus [at] unsa.ba (erasmus[at]unsa[dot]ba)) | Todas dispoñibles (ver oferta académica na web) |
2 | B1 Inglés | |
Bosnia | University of Banja Luka (erasmus [at] unibl.org (erasmus[at]unibl[dot]org)) | Todas dispoñibles (ver oferta académica na web) |
2 | B1 Inglés |
A axuda europea ten por obxecto contribuír aos gastos de mantenza e viaxe, non a cobertura da totalidade dos gastos ocasionados. As contías para a mobilidade serán de dous tipos:
- Axuda de mantenza: Cantidade fixa por número de meses de mobilidade.
- Axuda de viaxe: Segundo a distancia en quilómetros dende o centro de estudos ata a cidade de destino indicada a través da calculadora de distancias da Comisión Europea.
A seguinte táboa recolle as contías da axuda de viaxe e a bolsa de mantenza que concede a UE para o país obxecto desta convocatoria:
PAÍS DE DESTINO | Axuda de mantenza | Axuda de viaxe | Bolsa TOTAL (5 meses) |
Bosnia | 700€/mes | 360€ | 3.860 € |
Convocatoria:
Ligazón ao taboleiro de anuncios: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125936/carga.htm
Resolucións derivadas da convocatoria:
Ligazón ao taboleiro de anuncios da listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas Erasmus+ KA171 Bosnia 2024-25: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/126381/carga.htm
Ligazón ao taboleiro de anuncios da listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas e proposta de destinos Erasmus+ KA171 Bosnia 2024-25: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/126532/carga.htm
Ligazón ao taboleiro de anuncios da listaxe definitiva de destinos Erasmus+ KA171 Bosnia 2024-25: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/126828/carga.htm