Deportistas da USC gañan unha prata e un bronce no Campionato de España Universitario de Loita
O equipo da USC no Campionato de España Universitario de Loita obtivo unha medalla de prata e outra de bronce nas probas celebradas en Los Alcázares (Murcia). Moisés Bello Álvarez acadou a prata na categoría de menos de 80 quilos, mentres Ana López Álvarez lograba a de bronce na de menos de 59 quilos; o equipo da USC tamén estivo integrado por Alessandro Iemma Plaza na categoría de menos de 62 quilos e Daniel Pérez Maroño na de menos de 70 quilos, xunto co adestrador Pablo Rubén Pintos Figueroa.
Atletismo
A USC estivo así mesmo representada no Campionato de España Universitario de Atletismo en Ciudad Real. Hugo García Souto obtivo o cuarto posto en 3.000 metros obstáculos (9´16’’29) e o sétimo en 1.500 metros (3´56’’74). Alba Pérez Nieto conseguiu a mesma posición en 5k Marcha atlética (24´45’’81).
En triplo salto Ariadna Gil Fernández logrou outro quinto posto (12,08 metros) e Xoel Otero Nogueira acadou o noveno (14,08 metros). En lanzamento de martelo, Yago Araújo Rodríguez rematou na décima posición, a mesma que obtivo Adriana Reguera González. Na categoría de 800 metros lisos participou Ainara Rodríguez Ares, que non logrou pasar á final.