Pasar al contenido principal

As revistas Journal of Applied Physics e Physics of Plasmas estarán en acceso aberto durante o 2024 a través do programa Subscribe to Open (S2O)

Programa Subscribe to Open (S20)
Programa Subscribe to Open (S20)
A AIP Publishing anuncia que as revistas Journal of Applied Physics e Physics of Plasmas estarán totalmente en acceso aberto durante 2024, tanto para ler como para publicar, a través do seu programa Subscribe to Open (S2O)

As revistas Journal of Applied Physics e Physics of Plasmas estarán totalmente en acceso aberto durante 2024, tanto para ler como para publicar, mediante o programa Subscribe to Open (S20) da AIP Publishing.

O programa Subscribe to Open (S2O) permite que:

  • Todos os artigos publicados nas revistas AIP Publishing en 2024 sexan de acceso aberto.
  • Todos os artigos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2024 publícanse baixo unha licenza Creative Commons elixida polos autores.  
  • Os artigos de 2024 están exentos de todos os cargos de APC.
  • Todo o contido publicado en 2024 segue sendo OA a perpetuidade.

Que é  Subscribe to Open (S20)?
Subscribe to Open é un programa que ten como principio ético transformar as revistas de pago por subscrición en revistas de acceso aberto, unha vez ao ano e sen depender nin das taxas de autor (APC) nin exclusivamente do altruísmo.

Para levar a acabo o proceso, invítase ás bibliotecas a subscribirse ou a renovar a subscrición antes dunha data límite a principios do ano natural. Se se consegue un apoio suficiente, os artigos dese ano publicaranse en acceso aberto baixo licenza Creative Commons. 

Todos os subscritores de pago disfrutarán de acceso permanente aos artigos dese ano, ademais de acceso durante un ano a totalidade de artigos anteriormente publicados pola revista e ás estatísicas de uso.

Se precisas máis información podes consultar a guía da BUSC sobre Acordos Transformativos e outros modelos de publicación en aberto. Tamén podes acceder á páxina da AIP para coñecer en que consiste Subscribe to Open (S20) máis polo miúdo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2024.