Pasar al contenido principal
  • USC

Incites e Scival, principais ferramentas de análise bibliométrico, abertas á comunidade universitaria ata maio de 2025

Novo acceso a Incites e SciVal na USC
Novo acceso a Incites e SciVal na USC
Desde o 1 de maio de 2024 a comunidade universitaria do SUG poderá acceder ás solucións de bases de datos bibliométricas Incites e Scival por un período temporal dun ano.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Universidades e coas tres universidades do SUG e o CISUG financiarán o acceso durante un ano ás solucións bibliométricas de Clarivate e Elsevier para toda a comunidade universitaria galega.

  • Incites Benchmarking and Analytics: É unha ferramenta analítica que utiliza os datos de Web of Science e Journal Citation Reports de Clarivate Analytics. para comparar o impacto académico de varias institucións, revistas e investigadores e grupos, empregando indicadores normalizados.
  • Scival (Módulo Benchmarking/Compare): É unha ferramenta de análise bibliométrica que brinda acceso ao rendemento de máis de 21.000 institucións de investigación e os seus investigadores asociados en máis de 234 países de todo o mundo. Con SciVal, pódese visualizar o rendemento da investigación, informar sobre estratexias e planificación, e comparar cos seus pares.

Co novo acceso desenvolverase un plan de formación sobre o uso destas ferramentas que pode consultarse na Intranet pública da BUSC.

A biblioteca recomenda acceder a estes recursos a través do A-Z de reBUSCa, e ter creada unha conta de usuario tanto na Web of Science coma en Scopus, para evitar problemas co acceso, en cuxo caso pódese enviar un correo a biblioteca.universitaria.informacion [at] usc.gal (biblioteca[dot]universitaria[dot]informacion[at]usc[dot]gal).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2024.