Pasar al contenido principal

A USC obtén unha prata e un bronce no Campionato de España Universitario de karate

Eva Rodríguez Loredo e Adrián Barcia Mosquera obtiveron senllas medallas
Eva Rodríguez Loredo e Adrián Barcia Mosquera obtiveron senllas medallas
Adrián Barcia logrou o segundo posto na categoría de -75 kg e Eva Rodríguez conseguiu o terceiro na de -50 kg

A Universidade de Santiago obtivo unha medalla prata e outra de bronce no Campionato de España Universitario de Karate que se desenvolveu en Albacete. A prata foi para Adrián Barcia Mosquera, estudante de primeiro curso de Matemáticas na categoría de -75 quilos e o bronce para Eva Rodríguez Loredo, estudante de primeiro curso do grao de Mestre/a en Educación Primaria, na categoría de -50 quilos.

O terceiro membro da expedición da USC, Simón Cancelo, estudante do grao en Administración e Dirección de Empresas, obtivo o quinto posto, tras empatar 3-3 no combate para o bronce e gañar a medalla o seu opoñente porque obtivo o primeiro punto.

En febreiro, Eva Rodríguez Loredo, que é unha das deportistas do Núcleo Especializado de Adestramento da USC coa Federación Galega de Karate e DA, lograra xa a prata na final das Series A na categoría de -50 quilos en Larnaca (Chipre). Foi a primeira vez na historia que unha galega accedeu a unha final no circuíto mundial absoluto de karate.

Simón Cancelo, esquerda, Eva Rodríguez, a adestradora Ruth Lorenzo e Adrián Barcia
Simón Cancelo, esquerda, Eva Rodríguez, a adestradora Ruth Lorenzo e Adrián Barcia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.05.2024.