Debaten este venres en Dereito sobre corrupción
Corrupción e globalización será o tema sobre o que expertos galegos e de Cataluña debaterán este venres 28 na Facultade de Dereito nunha xornada na que tentarán formular novas respostas aos novos retos que van xurdindo nesta materia de plena actualidade.
O profesor de Dereito Penal será quen modere a sesión, na que intervirán ás 18.00 horas no Salón de Graos, a profesora da Autónoma de Barcelona Miriam Cugat Mauri, o catedrático de Dereito Constitucional da USC Roberto L. Blanco Valdés e o catedrático de Dereito Penal da Roviri i Virgili Gonzalo Quintero.