Pasar al contenido principal

Inauguración do ciclo de cursos sobre ‘Poder local e UE’

Inauguración do ciclo de cursos sobre ‘Poder local e UE’
Inauguración do ciclo de cursos sobre ‘Poder local e UE’

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) e a Federación Galega de Municipio e Provincias (FEGAMP) celebrarán nos vindeiros meses a terceira edición do ciclo de cursos baixo o lema ‘Poder local e UE’.

A inauguración oficial do ciclo celebrarase este mércores 5 de abril ás 12.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito. Neste sesión, o profesor de Dereito Administrativo e da UE na Complutense de Madrid Daniel Sarmiento Ramírez-Escudero impartirá a conferencia ‘O dereito municipal ante o dereito da UE. Reflexións ao fío do 60º aniversario da firma dos Tratados de Roma’. Daniel Sarmiento é ademais ex letrado do Tribunal de Xustiza da UE, cargo que ocupou entre 2007 e 2015.

O ciclo terá continuidade coa celebración dunha serie de cursos en liña nos que abordarán as oportunidades de financiamento comunitario para os entes locais no período 2014-2020; as institucións e aplicación do ordenamento xurídico da UE; e a nova regulación do procedemento administrativo. Esta é unha iniciativa dirixida cargos electos e persoal da administración local; profesionais e titulados/as, así como a alumnado universitario interesado nas áreas obxecto de estudo.

Ligazóns relacionados:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2017.