Pasar al contenido principal

Premiado un artigo de Joaquín Triñanes coa análise das posibles traxectorias dos restos do avión de Malaysia Airlines desaparecido en 2014

Premiado un artigo de Joaquín Triñanes coa análise das posibles traxectorias dos restos do avión de Malaysia Airlines desaparecido en 2014
Premiado un artigo de Joaquín Triñanes coa análise das posibles traxectorias dos restos do avión de Malaysia Airlines desaparecido en 2014

O profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC Joaquín Triñanes acaba de recibir a Medalla Denny que dende 1893 outorga anualmente o IMarEST (Institute of Marine Engineering, Science and Technology) ao mellor artigo publicado no Journal of Operational Oceanography, neste caso en 2016. A cerimonia de entrega tivo lugar estes días na sede do International Maritime Organization (IMO) en Londres.

O artigo premiado, ‘ Analysis of flight MH370 potential debris trajectories using ocean observations and numerical model results’, asinárono ademais os investigadores M. Josefina Olascoaga, Gustavo J. Goni, Nikolai A. Maximenko, David A. Griffin e Jan Hafner. Nel presentan unha metodoloxía para avaliar as áreas do Océano Índico con maiores probabilidades de ser a fonte dos restos do vo MH370 de Malaysia Airlines, desaparecido en marzo de 2014.

A investigación levouse a cabo a partir da traxectoria dos escombros flotantes, que foron parar á Illa da Reunión. Grazas ao traballo identificaron zonas que poden ser excluídas como potenciais sitios de choque á vez que puideron proporcionar tempos de viaxe estimados. Esta metodoloxía poderase aplicar a outros propósitos máis alá da temática do artigo.

O IMarEST, fundado en 1889, reúne científicos e tecnólogos navais nun corpo profesional multidisciplinario internacional e hoxe é a organización mariña máis grande do mundo, con máis de 18.000 socios e sedes en 120 países. O seu obxectivo é promover o desenvolvemento científico da enxeñaría mariña, a ciencia e a tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2017.