Pasar al contenido principal

Abre a inscrición para participar no Encontro de Verán da Orquestra da Universidade

O prazo de inscrición no encontro deste verán da OUSC permanece aberto ata o 7 de xullo. Foto: Santi Alvite
O prazo de inscrición no encontro deste verán da OUSC permanece aberto ata o 7 de xullo. Foto: Santi Alvite
Dirixido á mocidade estudantil de música ou que acredite un nivel de coñecemento suficiente, o encontro será en Santiago do 29 de xullo ao 4 de agosto

Entre os días 29 de xullo e 4 de agosto de 2024 a Área de Cultura da USC ofrece á mocidade estudantil de música de toda Galicia e de fóra a posibilidade de participar no proxecto educativo de verán da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC) que, xunto a profesores e profesoras das máis recoñecidas entidades e orquestras, consiste nun encontro orquestral que inclúe ensaios e concertos. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 7 de xullo.

Para poder participar neste programa de verán -dirixido aos instrumentos violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, oboe e clarinete- as persoas candidatas deberán ser membros da Orquestra da USC ou estudantes de música de terceiro ciclo de grao profesional ou de grao superior ou, en último caso, estudantado de música que acredite un nivel suficiente.

Para as persoas inscritas que non sexan de Santiago de Compostela a USC ofrecerá residencia de balde dende a noite do día 28 de xullo ata a noite do día 4 de agosto. Serán prazas limitadas ata completar cabida por orde de inscrición. As persoas participantes que soliciten residencia deberan ter cumpridos os 18 anos antes da data de entrada na residencia. Unha vez cuberta a solicitude, a OUSC confirmará a asistencia ao mesmo xunto co envío de partituras e os detalles referentes ao encontro orquestral

Respectarase preferiblemente a orde de inscrición mais con prioridade para os membros da OUSC, aínda que a organización se reserva o dereito de seleccionar por criterios de estudos ou nivel. No caso de non cubrir suficientes prazas, poderá darse un cambio de programa con parte das persoas seleccionadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2024.