Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para continuar estudos en titulacións da USC

A convocatoria diríxese a quen desexe trasladarse a estudar á USC. Foto: Santi Alvite
A convocatoria diríxese a quen desexe trasladarse a estudar á USC. Foto: Santi Alvite
O prazo para solicitalo remata o día 24 de xullo

A Universidade de Santiago mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes para continuar estudos en titulacións da USC, con cota e sen cota de prazas, para o vindeiro curso 2024-2025. Este prazo expira o día 24 de xullo. A convocatoria diríxese a quen tivese iniciado estudos noutra universidade española ou que xa estivera matriculado na propia USC.

Todos os solicitantes precisarán cumprir co requisito de ter recoñecidos un  mínimo de 30 ECTS na titulación de destino da USC. No caso de titulacións con cota de prazas para os traslados, a ordenación das solicitudes farase de conformidade coa prelación establecida no Acordo do Consello de Goberno de 10 de xuño de 2024 (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/127002/carga.htm)

No caso de que a persoa solicitante tivese cursado estudos na Universidade de Santiago de Compostela e trasladase o seu expediente a outra universidade, poderá reingresar directamente nos mesmos estudos. Por outra banda, quen teña cursado estudos en plans non estruturados en ECTS deberán acreditar ter superados 60 créditos propios da titulación ou o primeiro curso completo.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2024.