Pasar al contenido principal

A USC participa en ES-Factory, rede de aceleradoras de empresas de economía social

O proxecto busca impulsar e consolidar o emprego de calidade a través da economía social. Foto: Pixabay
O proxecto busca impulsar e consolidar o emprego de calidade a través da economía social. Foto: Pixabay
A xornada de lanzamento terá lugar en Vigo o mércores 3 de xullo

A Universidade de Santiago, a través do Grupo VALFINAP (Valoración financeira aplicada), participará na xornada de lanzamento do proxecto ES-Factory, que ten coma finalidade impulsar e consolidar o emprego de calidade en novas actividades emerxentes na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal que se desenvolvan a través da economía social.

O evento, organizado pola Xunta de Galicia como beneficiario principal do proxecto, terá lugar no Museo do Mar de Galicia (Vigo) o vindeiro 3 de xullo ás 12:00 horas. Nel presentarase o plan de acción do proxecto concretando algunhas das iniciativas más destacadas como, por exemplo, de fomento da profesionalización do ecosistema emprendedor, de impulso de cooperativas de emprendemento, de creación de espazos de emprendemento pop-up, de identificación e formación de entidades prescriptoras da economía social, de dinamización de plataformas dixitais ou a Rede de Aceleradoras ES-Factory.

Na rede de aceleradoras ES-Factory, a Universidade de Santiago encargarase de formar, capacitar, asesorar e apoiar persoas para que desenvolvan un proxecto de economía social nun curto período de tempo. Así mesmo, o grupo VALFINAP liderará algunhas accións do proxecto como o desenvolvemento de pilotos de plataformas dixitais e dunha metodoloxía unificada que facilite a medición dos datos do territorio transfronteirizo.

Na xornada do mércores -que mantén aberta a inscrición ata o martes, 2 de xullo- esta previsto un relatorio sobre as economías emerxentes e unha mesa redonda na que participaran cooperativas, un centro especial de emprego e entidades de Portugal.

Ata setembro de 2026
O proxecto ES-Factory está co financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027 ao cal se dá inicio con esta xornada e no que está previsto que as actuacións se realicen ata setembro do 2026.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2024.