Pasar al contenido principal

A USC lanza unha nova visita guiada, con vistas ao Obradoiro dende o balcón da Reitoría

A USC lanza unha nova visita guiada, con vistas ao Obradoiro dende o balcón da Reitoría
A USC lanza unha nova visita guiada, con vistas ao Obradoiro dende o balcón da Reitoría

A Universidade de Santiago comeza hoxe unha nova experiencia de visitas guiadas ao seu patrimonio. Trátase dun percorrido curto que parte do Claustro de Fonseca e percorre o Colexio de San Xerome, sede da Reitoría, onde pode admirarse a Galería de Reitores e remata cunha vista da Praza do Obradoiro dende o balcón do Salón Reitoral.

Esta visita, cun prezo único de 2 euros, terá unha duración de 20 minutos e será polas tardes, en horarios de 16.30, 17.00, 17.30 e 18.00 horas, de luns a venres.

Visitas Guiadas continúa co seu programa longo (que inclúe a Facultade de Xeografía e Historia) de hora e media de duración de luns a sábado ás 12.00 horas. Para máis información e compra de billetes: http://www.usc.es/es/info_xeral/visitaspatrimonio/.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2017.