Pasar al contenido principal

O CISPAC amplía o seu cadro de persoal investigador coa incorporación de 44 membros da USC, UDC e UVigo

Este centro interuniversitario conforma unha entidade de nova xeración integrada no Sistema Universitario de Galicia con sede no Edificio Fontán
Este centro interuniversitario conforma unha entidade de nova xeración integrada no Sistema Universitario de Galicia con sede no Edificio Fontán
O Centro de Investigación Universitario das Paisaxes Atlánticas Culturais reforza, deste xeito, as súas liñas de investigación, formación e transferencia no ámbito das ciencias humanas e sociais
Santiago de Compostela

Preto de medio cento de investigadores e investigadoras das tres universidades públicas galegas acaban de adherirse ao Centro de Investigación Universitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), logo da última xuntanza do seu Consello Reitor. En concreto, 16 pertencen á USC, 14 á UVigo e 14 á UDC.  

O Consello Reitor do CISPAC, composto polo equipo directivo e representantes das tres universidades galegas valora positivamente este novo proceso de incorporación, no que destaca “a traxectoria e prestixio a nivel internacional do persoal investigador, así como unha mellora no balance de xénero no centro”. O CISPAC reforza, deste xeito, as súas liñas de investigación, formación e transferencia no ámbito das ciencias humanas e sociais.

Este centro interuniversitario conforma unha entidade de nova xeración integrada no Sistema Universitario de Galicia. Comezou a súa andaina en decembro de 2021, co obxectivo de levar a cabo investigacións sobre as paisaxes dende unha perspectiva transdisciplinar que atenda os retos contemporáneos vinculados á sustentabilidade, a identidade, o patrimonio, a participación e a produción. Na actualidade, atópase integrado por 72 membros aos que se adhiren as 44 novas incorporacións

O vindeiro luns 15 de xuño desenvolverase un encontro de benvida ao novo persoal investigador. Estará composto por unha serie de sesións de traballo paralelas segundo o campo temático das investigadoras e investigadores para analizar os servizos que ofrece o centro. O acto dará comezo ás 10.30 horas na Sala de eventos do Edificio Fontán.

 

A reunión do Consello Reitor desenvolveuse no Colexio San Xerome
A reunión do Consello Reitor desenvolveuse no Colexio San Xerome
Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2024.