Pasar al contenido principal

Unha tese da USC presenta propostas de adaptación de materiais para o ensino do español como segunda lingua para persoas con discapacidade visual

O traballo de Mostafa Gamal, segundo pola esquerda, é pioneiro no campo da accesibilidade en ELE
O traballo de Mostafa Gamal, segundo pola esquerda, é pioneiro no campo da accesibilidade en ELE
O traballo, pioneiro no campo da accesibilidade en ELE, foi dirixido pola profesora da área de Lingua Española Belén López Meirama, recentemente falecida

‘Adaptación de los recursos y procedimientos de enseñanza del español como lengua extranjera para profesores y alumnos con discapacidad visual’ é o título da tese que Mostafa Gamal Abouelela defendeu na Facultade de Filoloxía dentro do Programa de doutoramento en Lingüística. O traballo foi dirixido pola docente da área de Lingua Española da USC Belén López Meirama, recentemente falecida, polo que o acto de defensa foi tamén un tributo á súa figura.

O tribunal, composto polos profesores Monna Salah Eldin Shalan, da Universidade Aim-Shams; Xaquín Núñez Sabarís, da Universidade do Minho; e Marta Blanco Domínguez, da USC, salientou o carácter innovador deste traballo, a súa dimensión epistemolóxica ao servizo da comunidade e a súa contribución decisiva ao acceso democrático e inclusivo ao ensino e aprendizaxe de ELE. Así, Mostafa Gamal presenta na súa tese propostas prácticas, coa axuda de recursos tiflotécnicos, de adaptación dos materiais para o ensino do español como segunda lingua para persoas con discapacidade visual.

Todos os membros do tribunal destacaron que esta investigación, pioneira no campo da accesibilidade en ELE, tería sido imposible sen o compromiso, o rigor intelectual e a  xenerosidade da directora da tese, a profesora López Meirama.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.07.2024.