Pasar al contenido principal

A EPS de Enxeñaría activa un comité consultivo para reforzar as sinerxías coa sociedade e definir un plan estratéxico do centro

Cuesta e Valcárcel, cos membros participantes na sesión constitutiva do Comité Consultivo da EPS de Enxeñaría da USC
Cuesta e Valcárcel, cos membros participantes na sesión constitutiva do Comité Consultivo da EPS de Enxeñaría da USC
Tomás Cuesta preside o órgano de asesoramento externo, que agroma 28 institucións, entidades e empresas de referencia no ámbito agroforestal e da enxeñaría civil

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC vén de constituír este venres o seu comité consultivo, un órgano de asesoramento externo no que participan 28 representantes de grupos dos grupos de interese no ámbito agroforestal e da enxeñaría civil (directivos/as de empresas, persoas do ámbito da administración, persoas do ámbito científico e universitario alleo ao centro, persoas vinculadas a ONG’s, representantes de colexios profesionais e antigos/as alumnos/as ou membros da comunidade universitaria alleos ao centro).

O presidente do comité consultivo da da EPS de Enxeñaría da USC e director deste centro universitario lugués, o profesor Tomás Cuesta García, sinala que este órgano de asesoramento non representa un grupo hermético, senón que se trata dun comité aberto á colaboración con todos os demais actores que xa manteñen relacións estables co centro universitario lugués e que traballan a prol da mellora do seu futuro.

O comité consultivo externo da EPS de Enxeñaría nace co triple obxectivo de contribuír a favorecer o debate e o análise das tendencias e cambios sociais que resulten de interese para a actividade docente e de I+D+i que se desenvolve no centro universitario, ademais de para prestar asesoramento durante o proceso de elaboración e a progresiva implantación do futuro plan estratéxico do centro. Canalizar información sobre o centro cara a sociedade, a fin de potenciar a proxección da EPS de Enxeñaría na súa contorna, é outro dos obxectivos fundamentais do órgano consultivo externo.

Estrututura orgnánica

O director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, Tomás Cuesta García, ocupa a presidencia do comité de asesoramento externo do centro, un órgano que conta con 28 vogais e do que actuará como secretaría a actual secretaria académica do centro universitario lugués, a profesora Montserrat Valcárcel Armesto.

Como vogais do comité consultivo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC actuarán o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Pedro Calaza Martínez; o director do Servicio Rexional en Galicia do Instituto Xeográfico Nacional, Pablo Carballo Cruz; o conselleiro delegado de Finsa, José Carballo García, e o xerente de Maderas Besteiro, Mario Carballo Lama.

Nélida Carreiras, Civil Engeneering Director de Norvento Enerxía; Óscar Luis Expósito, director de Cerna Enxeñaría, Santiago Fraga Sáez, da Consellería de Medio Rural; María Concepción Gil Azulas, decana zona Galicia do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís; Patricia González Pereiró, xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Forestais de Galicia, e o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, tamén son vogais deste comité externo da EPSE.

O xerente de CartoGalicia, Marcos López Sánchez; a secretaria do consello de administración de Aresa, Carlota López Pardo; o conselleiro delegado de Innolact, Sergio Martínez; o director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Higinio Mougán; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de A Coruña e Pontevedra, Rafael Muíños Moreno; o xefe de sección de Topografía, Cartografía e Delineación da Deputación de Lugo, Eugenio Niñe; o conselleiro delegado de Agroamb, Severiano Ónega; a xerente da central Frades SCG, Susana Penido; a delegada territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría en Xeomática e Topografía, María José Iniesto Alba; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense, Manuel Rojo; o xerente de Tragsatec-Unidade Territorial Noroeste (Grupo Tragsa), Fernando Ron Currás; o xefe de gabinete da Consellería de Medio Rural, Enrique Salvador; a xefe do Servizo de Infraestruturas na Dirección Xeral de Mobilidade, Tamara Subiela; Andreina Mitsai Vargas Carrión, en representación de Enxeñaría sen Fronteiras; Eva Vázquez Adán, da Dirección de Produción Fábricas de Coren; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez Marey, e o conselleiro delegado do grupo Villapol, Daniel Villapol Valea, completan a relación de membros do Comité Consultivo da EPS de Enxeñaría da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2017.