Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago regula as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago regula as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia
A Universidade de Santiago regula as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela decidiu restrinxir as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, un dos seus elementos patrimoniais máis senlleiros, coa fin de facilitar o estudo e tarefas de investigación á comunidade universitaria.

Será unicamente o alumnado e o persoal da USC quen poida acceder á biblioteca, que tamén se mostrará a visitantes alleos á institución a través do programa de Visitas Guiadas ao Patrimonio Histórico da USC que xestiona a propia universidade e que contempla dúas visitas diarias en horarios de baixa incidencia na actividade cotiá do centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2017.