Estudantado estranxeiro na USC: aprende ou acredita nivel de español ou galego
Oferta de cursos do Centro de Linguas Modernas da USC
Vés estudar á USC desde o estranxeiro? se non acreditaches o nivel B1 ou superior de español ou galego, tes que acreditalo antes de rematar os teus estudos aquí. Como?
O Centro de Linguas Modernas da USC ofréceche dúas posibilidades, ambas con dereito ao recoñecemento de créditos ECTS:
- Cursos de Español como Lingua Estranxeira (ELE) ou de Galego para non galegofalantes. Son gratuítos para o estudantado da USC.
- Probas de Competencia Lingüística, que realiza o CLM en setembro.
Infórmate e inscríbete no Centro de Linguas Modernas. A matrícula xa está aberta, nalgún caso ata o16 de setembro.