Laboratorio de escrita dramática. Campus de Santiago de Compostela
O obxectivo deste espazo é reflexionar e traballar sobre diversos procedementos para construír un texto dramático, atendendo principalmente á elaboración literaria do mesmo pero observando a necesidade de coñecer os mecanismos de funcionamento do exercicio escénico, o que acaba traducindo aquel texto literario nun texto teatral.
O próximo xoves 19 de setembro de 2024 ás 20,00h haberá un encontro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño para presentar a actividade teatral deste curso académico, onde poderás resolver todas as dúbidas que teñas sobre este espazo de creación literaria.
Calendario e horarios:
11, 12 e 13 de marzo (2025), de 19,00h a 22,00h
25, 26 e 27 de marzo (2025), de 19,00h a 21,00h
Imparte: Roberto Salgueiro / Profesor convidado: Santiago Cortegoso
(Ao longo do obradoiro compartirán a súa experiencia con nós diversos autores dramáticos)
Prazas: 6 (por orde de inscrición)
Espazo de formación: Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Matrícula
Para inscribirte, desde o día 30 de xaneiro de 2025 manda un correo electrónico a area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal )
Prezos:
- Comunidade universitaria: 60 euros (1º prazo: 30 / 2º prazo: 30)*
- Taxa xeral: 120 euros (1º prazo: 60 / 2º prazo: 60)*
*1º prazo antes do día 7 de febreiro de 2025 / 2º prazo antes do día 7 de marzo de 2025
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es