Curso de iniciación ao teatro. Campus de Santiago de Compostela
Durante o curso terás unha toma de contacto coas principais ferramentas de traballo dun intérprete: a importancia do corpo, o coidado da voz, cuestións principais de ritmo, escoita en escena…
Acceso: para acceder a este curso debes presentarte ás probas de acceso que se realizan a comezos de curso académico (días 22, 23 e 24 de setembro de 2025, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, desde as 18.00h) co fin de coñecer os teus intereses. Non tes que ter ningunha experiencia.
Obxectivo deste curso: acoller a todas as persoas interesadas da comunidade universitaria en iniciarse na arte dramática e que non queden fóra de ningunha das outras convocatorias que existen no noso programa (escola de teatro / compañía de teatro).
Horarios: o curso terá lugar todos os luns lectivos desde o 6 de outubro de 2025 ata o 27 de abril de 2026, de 19.30h a 21.30h (90 horas en total)
No período de exames do mes de xaneiro non haberá docencia.
Lugar de realización: na sala Luísa Cuesta, ubicada no baixo da cafetería da residencia universitaria Burgo das Nacións.
Imparte: Helena Salgueiro
Prazas: 12 (de ser necesario crearase un segundo grupo de traballo para traballar os xoves en horario de 19.30 a 21.30 h, do 9 de outubro ao 29 de abril)
Matrícula
A inscrición realizarase a partir do día 29 de setembro de 2025.
Para formalizar a matrícula debes dirixirte ao enderezo electrónico: area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal).
Prezos:
- Comunidade universitaria: 110 euros (1º prazo: 60 / 2º prazo: 50)*
- Taxa xeral: 250 euros (1º prazo: 150 / 2º prazo: 100)*
*1º prazo antes do día 8 de outubro de 2025 / 2º prazo antes do día 20 de xaneiro de 2026
Admitido/as curso de Iniciación:
- Luns, de 17.30 a 19.30 horas:
- Elena Eiras Fariña
- Hannah Lees
- Javier Lago Urceira
- Lucía Tommasetti de Abreu
- Martín Álvarez López
- Nicolás Arias Villanueva
- Pablo Cuétara Fernández
- Samuel Saborido Rodríguez
- Luns, de 19.30 a 21.30 horas:
- Ainara Patricia Maceiras López
- Carlota Pérez Salgado
- Estela Gaite Seco
- Iria Liñares Cereixo
- Lara Reboredo Franqueira
- Laura Domínguez Domínguez
- Marcos José López Fraiz
- Silvana López Dono
- Xoves, de 19.30 a 21.30 horas:
- Antía Rodríguez Ínsua
- Candela Torres Souto
- Clara Álvarez Rodríguez
- Elisa García García
- Lía Mateo Peña
- Lía Santamariña Iglesias
- Yago Arosa Lobato
- Yago Radziunas Salinas
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es