Pasar al contenido principal

Workshop 'Physics for knowledge and technology' co Premio Nobel Klaus von Klitzing

12.09.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
iMATUS

Esta sesión de traballo enmárcase no Programa ConCiencia que dirixe o profesor Jorge Mira

O workshop será no iMATUS, no Campus Sur. Foto: Santi Alvite
O workshop será no iMATUS, no Campus Sur. Foto: Santi Alvite

A física é un campo clave para comprender o mundo e desenvolver tecnoloxías que nos fagan a vida máis fácil e cómoda. Un exemplo é o descubrimento polo profesor von Klitzing en 1980 do Efecto Hall Cuántico, que deu lugar a unha das constantes universais, a constante de von Klitzing (RK=h/e2= 25812,807... Ω), que actualmente se aplica para obter un valor exacto da unidade de resistencia eléctrica, o Ohm (Ω). 

Aproveitando que o profesor von Klitzing se atopa en Compostela convidado polo Programa ConCiencia, persoal experto da USC así como doutras universidades españolas e de centros de investigación estatais reuniranse neste workshop sobre materiais bidimensionais no que se discutirá acerca dalgúns dos efectos da física e as súas aplicacións. Na sesión acompañarán ademais o Premio Nobel os presidentes da Real Sociedad Española de Física e da división de física da materia condensada da European Physical Society.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.09.2024.