Pasar al contenido principal

O Foro Compostalent xunta na USC alumnado con empresas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago continúa co seu programa de actividades co gallo dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia . Este luns acolle o Foro Compostalent, un encontro entre mozos e mozas galegos, entidades públicas e as empresas privadas máis prometedoras do panorama español.

Ao longo do día celébranseobradoiros, charlas e mesas de debate onde se tratan os temas máis relevantes da actualidade no referente ao desenvolvemento do talento xuvenil. Os candidatos poden achegarse ao mundo laboral, compartir inquedanzas cos profesionais de diferentes sectores e valorar as diferentes oportunidades que lles ofrece no mercado laboral.

A Feira de Emprego conta coa presenza de numerosas empresas e institucións, entre elas Garrigues, ABANCA, Finsa, Prosegur, Cruz Roja, Fundación Ronsel e MGS Seguros, e constitúe unha grande ocasión para coñecer as tendencias do mercado laboral e a formación e as actitudes que se requiren por parte do sector empresarial.

A xornada inaugurouse cunha mesa redonda na que participaron Emilia Vázquez, decana do centro; Roberto Pereira, presidente do Club Financeiro; Javier Dorado, director de INJUVE; e Santiago Calvo, tesoureiro e director do Observatorio do Instituto para o desenvolvemento do talento novo galego.

As persoas participantes teñen ademais a oportunidade de participar en entrevistas e dinámicas por parte de ABANCA e Prosegur ou en sesión de asesoramento para mellorar as posibilidades de atopares emprego a cargo de Cruz Vermella.

O encontro organízano o Instituto para o Desarrollo del Talento Gallego e nel colaboran a Facultade anfitrioa, o IESIDE e o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a través do Instituto de la Juventud (INJUVE).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2017.