Curso de danza contemporánea. Campus de Lugo.
Adquirir uns coñecementos elementais sobre o mundo da danza, adquirindo unha base para unha futura aplicación. Faranse estiramentos corporais a través do ioga, coordinación entre movemento e a música. Traballo de chan e traballo en vertical, tamén se traballará o equilibrio e a coordinación, buscando a expresión corporal a través do ritmo.
Profesorado: Rosa Acuña
Duración: do 1-10-2024 ao 15-04-2025 (50 horas)
Horario: os martes, de 19:00h a 20:55h
Lugar: na Aula de Teatro e Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Prezo: membros da comunidade universitaria 120 euros / taxa xeral 160 euros
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20
Recoñecemento de créditos:
Curso recoñecido con 2 créditos ECTS (todas as titulacións de grao da USC)
Matrícula:
O prazo de matrícula está aberto do 16 ao 30 de setembro de 2024.
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es