Compañía de danza USC. Campus de Lugo
A compañía de danza universitaria dedícase á creación e investigación do movemento e á composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ante o público. A proposta final será o froito do traballo no Curso de danza contemporánea utilizando material traballado e a posta en común de propostas do alumnado.
Requisitos de acceso:
Participar no Curso de Danza Contemporánea, Danza Creativa ou ter pertencido á compañía de Danza da USC en anos anteriores.
Duración: do 8 de outubro de 2024 ao 24 de xuño de 2025 (50 horas)
Horario: os martes, de 21:00h a 22:30 h
Lugar: na Aula de Teatro e Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Número de prazas: 10
Prezo: Gratuíto. SÓ COMUNIDADE UNIVERSITARIA
Recoñecemento de créditos:
Curso recoñecido con 2 créditos ECTS
Matrícula:
O prazo de matrícula está aberto do 16 ao 30 de setembro de 2024.
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es