Pasar al contenido principal

Chega a sexta edición do ‘International Day’ para promover os programas de mobilidade universitaria

Chega a sexta edición do ‘International Day’ para promover os programas de mobilidade universitaria
Chega a sexta edición do ‘International Day’ para promover os programas de mobilidade universitaria
Estudantes internacionais achegarán aos visitantes información sobre gastronomía, economía e a vida universitaria nos seus países

A Facultade de Medicina será este xoves 23 o lugar no que alumnado estranxeiro que cursa estudos na USC amosará as particularidades culturais dos seus países de orixe. Será no ‘ International Day’, unha xornada festiva que reunirá máis de 50 expositores de China, Arxelia, Armenia, China, Bolivia, Afganistan, Siria, Alemaña ou Xapón.

Coa iniciativa preténdese difundir os programas de mobilidade internacional públicos e privados, no eido da educación, voluntariado e educación non formal, facilitando a elección dun futuro destino a aqueles persoas interesadas nesta modalidade.

Organizada pola asociación Erasmus Compostela xunto coa Vicerreitoría de Internacionalización da USC e a Secretaría Xeral de Universidades, a xornada desenvolverase dende as 11.30 ás 17 horas. En cada stand os estudantes presentarán os seus respectivos países de orixe facendo fincapé nos aspectos que consideren máis significativos, como as características xeográficas, o estilo de vida, a gastronomía, a cultura ou a vida estudantil.

Para acadar máis información sobre o evento ou participar nel, as persoas interesadas poden enviar un correo a day [at] esnsantiago.com (day[at]erasmus[dot]gal).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2017.