Pasar al contenido principal

Acto de entrega dos premios do XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

A entrega de premios aos gañadores porá o broche á décimo sexta edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, unha convocatoria coa que a USC busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por universitarios/as, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, presidirá o acto de entrega que se celebrará este mércores 22 a partir das 12.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Participarán as subdirectora xerais Promoción da Igualdade e de Promoción Científica e Tecnolóxica, Pilar García-Rodeja Gayoso e Mª jesús Tallón Nieto, respectivamente; o director da área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Norberto Penedo Rey; e a técnica da Área de Dinamización do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Viabilidade, grao de innovación, volume de emprego proxectado, multidisciplinariedade do equipo promotor, fomento da igualdade ou relación coa lingua galega foron os aspectos valorados polo xurado na valoración das propostas presentadas a concurso. No acto entregaranse os premios correspondentes ás categorías de Empresa EBT, Proxecto empresarial EBT, Proxecto empresarial Start-Up, Muller emprendedora e á promoción da lingua galega.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2017.