Pasar al contenido principal

Dispoñibles novas guías para crear e manter os identificadores e perfís de investigador de WOS e SCOPUS

Na sección de Guías e Titoriais da web da BUSC e na páxina inicial do Portal da Investigación podes acceder a estas novas guías
Na sección de Guías e Titoriais da web da BUSC e na páxina inicial do Portal da Investigación podes acceder a estas novas guías
Estas guías formativas véñense a sumar a outras xa publicadas pola BUSC, como a da xestión do ORCID ou a do perfil de Google Académico

A BUSC vén de publicar dúas novas guías que teñen como obxectivo facilitar a creación e xestión dos identificadores e perfís de investigador das bases de datos Web of Science e Scopus.

Nestes documentos, os investigadores poden consultar o proceso de creación do Researcher ID en Web of Science, así como a edición do identificador de Scopus, Scopus ID, xerado directamente pola base de datos a partir dos documentos dun determinado autor indexados nela.

A xestión eficaz dos perfís é outro dos obxectivos das guías, amosando os pasos a seguir para engadir e eliminar publicacións, fusionar perfís duplicados de autor e sincronizar o perfil coa conta de ORCID. 

A importancia dos perfís e identificadores de autor 
Os perfís de investigador son unha ferramenta fundamental para os investigadores, xa que permiten normalizar o nome e filiación, aumentan a visibilidade e o impacto das publicacións, agrupan toda a produción científica dun mesmo autor e facilitan a obtención de datos bibliométricos. A partir destes perfís créanse 
os identificadores de autor, como o Research ID e o ScopusID, que son códigos numéricos ou alfanuméricos asignados polas bases de datos a cada investigador e que os identifica de forma inequívoca.

Podes acceder ás guías de Perfís de investigador de WOS e SCOPUS na páxina web da BUSC, na sección de Guías e Titoriais, e tamén a través da páxina inicial do Portal da Investigación. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2024.