Pasar al contenido principal

Profundan na aprendizaxe-servizo como ferramenta para a inserción laboral

Profundan na aprendizaxe-servizo como ferramenta para a inserción laboral
Profundan na aprendizaxe-servizo como ferramenta para a inserción laboral

A Facultade de Matemáticas acolle este xoves un seminario sobre responsabilidade social e innovación educativa no que analizan en detalle a Aprendizaxe-servizo (ApS) como ferramenta para a inserción laboral.

A ApS é unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. O alumnado traballa así sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social.

O encontro, que inauguraron esta mañá a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, comezou cun relatorio sobre inserción laboral, educación non formal e formación do alumnado universitario a cargo do sociólogo Enrique Arnaz.

A xornada continuou coa análise de accións que se están levando a cabo na USC, como son a proposta de institucionalización das ApS ou os recursos para a inserción e participación. Ademais, haberá un obradoiro práctico e unha presentación dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2017.