Pasar al contenido principal

Conferencia no CEA de Elizabeth M. Tyler

No marco das actividades do Foro ‘Memoria, identidade, mundo: o desafío das humanidades’, este xoves 30 intervirá a profesora Elizabeth M. Tyler, da Universidade de York, co relatorio ‘The Roman Story-World in the 11th-Century Anglo-Saxon Court’. A conferencia será ás 11:00 horas na Sala de Debates do Edificio do CEA (Parque de Vista Alegre) e poderase seguir en directo por http://tv.usc.es/directo2.html

Elizabeth M. Tyler é unha recoñecida especialista na cultura literaria inglesa altomedieval. Nas súas investigacións combina un enfoque plurilingüe (latín, inglés e francés) e comparativo co obxecto de desenvolver modelos que integren a inglesa no conxunto da cultura literaria europea.

Na actualidade co dirixe o Centre for Medieval Literature, adscrito ás universidades de York e de Odense, e é editora da revista Interfaces: A Journal of Medieval European Literature.

Esta actividade organízase en colaboración coa revista Troianalexandrina. Yearbook of Classical Material in Medieval Literature.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.11.2017.