Estrea do último traballo da Aula de Teatro, ‘Pasar por Nida’

A Aula de Teatro da USC estreará este xoves 30 o seu último traballo ‘Pasar por Nida’. A cita será ás 21.00 horas no Teatro Principal de Santiago onde o despacho de entradas, ata un máximo de dúas por persoa, abrirá dende as 18.00 horas. A entrada é de balde.
Tanto os textos como a posta en escena corresponden a Roberto Salgueiro, director da Aula. Apta para todos os públicos e cunha duración de 60 minutos, na nova proposta da compañía universitaria participan, por orde de intervención, Lara Pouso, Carmen Tomás, Icía Rodríguez, Mar Pérez e Noa Fernández.