Pasar al contenido principal

Presentación da aplicación móbil ADappTAUSC

ADappTAUSC é unha aplicación móbil deseñada para identificar as infraestruturas e servizos con necesidades de adaptación na contorna do campus compostelá. A iniciativa do Grupo de Estudos sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (GREDDIS), a súa posta en marcha converterá aos seus potenciais usuarios con necesidades especiais en suxeitos activos na busca de solucións e na mellora do proceso de adaptación das infraestruturas da universidade compostelá.

O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 29 na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito o acto de presentación á comunidade universitaria de ADappTAUSC. A partir das 13.00 horas, o acto contará coa participación do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; do co coordinador do Grupo Greddis, José Julio Fernández; e do CEO de Covelo Asesores, Luciano Covelo Fandiño.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2017.