Pasar al contenido principal

Presentan en Relacións Laborais un estudo sobre a fenda retributiva por razón de sexo

De dereita a esquerda, Javier Carballo, Elma Saiz, Antonio López e Silvia Moscoso. Foto: Santi Alvite
De dereita a esquerda, Javier Carballo, Elma Saiz, Antonio López e Silvia Moscoso. Foto: Santi Alvite
A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións asistiu á presentación do libro En la brecha del sexo: por un trabajo de igual valor, do doutorando Javier Carballo

O reitor Antonio López Díaz presidiu este luns na Facultade de Relacións Laborais a presentación do libro de Javier Carballo de Jesús En la brecha del sexo: por un trabajo de igual valor, editado pola Fundación Luís Tilve. Ambos os dous xunto coa vicedecana da Facultade anfitiroa, Silvia Moscoso Ruibal, estiveron acompañados no acto pola ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz Delgado.

Javier Carballo, graduado en Relacións Laborais pola USC e actualmente estudante de doutoramento, ofrece nesta obra unha análise sobre a desigualdade salarial abordando os motivos estruturais e os factores desta fenda entre homes e mulleres, achegando propostas de medidas e accións que poden axudar a combater esta diverxencia.

A obra, con prólogo da ex ministra Carmen Calvo, busca presentar un mapa de recursos xurídicos sobre a igualdade laboral e retributiva, e reivindicar o papel da negociación colectiva na consecución da igualdade no traballo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2024.