Este concurso de vídeo quere conectar a universidade e o coñecemento científico coas novas xeracións e crear contidos sobre a economía e a empresa entre os máis novos
1º premio: pagas ti, non (criptomonedas)
Autoras: Lucía Gil Batalla e Rosalía Moraig Rodríguez
Profesor: Manuel M. Fandiño Castro
Centro: IES Rosalía de Castro
2º premio: Os sectores produtivos
Autoras: Elena Novo Marizo, Victoria Pardo Alonso e Ana Fernández San Gil
Profesor: Francisco Xabier Doporto Santos
Centro: IES Isaac Díaz Pardo
3º premio: A distribución da riqueza
Autoras: Carmen Ánguez López e Lucía Díaz Jacob
Profesora: María del Mar Neira González
Centro: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
Poderá participar neste concurso alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato dos centros de Galicia, en grupos cun máximo de tres estudantes, coordinados por un/unha docente.
Cada grupo participante preparará un vídeo no que se presenten petiscos ou pílulas sobre calquera tema relacionado coa economía ou a empresa. O enfoque no tratamento do tema é libre. A lingua empregada será o galego, tanto oralmente (locucións, diálogos...) como por escrito (elementos gráficos, subtítulos, etc.).
A duración dos vídeos non será en ningún caso inferior a 30 segundos nin superior a 90.
Os traballos presentados deben ser inéditos e orixinais.
Na valoración dos vídeos terase en conta a calidade técnica (imaxe e son), a corrección lingüística, a orixinalidade do vídeo, e a corrección nos conceptos científicos.
Os vídeos confeccionados deberán subirse a unha canle de YouTube. A publicación das pezas farase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND, https://creativecommos.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl). As e os participantes serán os únicos e exclusivos responsables dos contidos dos vídeos en canto a esixencias legais de dereitos de imaxe ou plaxio segundo as leis vixentes.
Para presentarse ao concurso cómpre que as e os autores (ou representante/s) acheguen nun correo electrónico a ficha de inscrición (Anexo I), dirixido ao enderezo ecoade.decanato [at] usc.gal (ecoade[dot]decanato[at]usc[dot]gal) e co asunto "Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa". O prazo para a presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2024.
Os premios do concurso repartiranse do seguinte xeito:
- Primeiro premio: agasallo por valor de 150 euros
- Segundo premio: agasallo por valor de 100 euros
- Terceiro premio: agasallo por valor de 50 euros
Para presentarse ao concurso cómpre que as e os autores (ou representante/s) acheguen nun correo electrónico a ficha de inscrición (Anexo I), dirixido ao enderezo ecoade.decanato [at] usc.gal (ecoade[dot]decanato[at]usc[dot]gal) e co asunto "Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa". O prazo para a presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2024.
Servicio de Normalización Lingüística
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 7, 15782Santiago de Compostela
- 881 814 490
- snlusc [at] usc.gal
Servicio de Normalización Lingüística
- Edificio intercentros Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 582