Pasar al contenido principal
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
Imaxe do cartel

i-Emotions: Afectos Dixitais é un programa de 'Faíscas Culturais' que se inclúe dentro da programación do Outono Cultural e que está deseñado como complemento da exposición 'Afectos Dixitais' que ocupará entre novembro de 2024 e febreiro de 2025 o Salón Artesoado do Colexio de Fonseca.

Esta nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais. Trátase dunha serie de citas que se celebrarán nas facultades de Ciencias da Educación, Ciencias Políticas e Sociais, Dereito, Filosofía, Medicina e Odontoloxía, e Psicoloxía.

As actividades están abertas a toda a comunidade universitaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.11.2024.