Entrega de premios e apertura da exposición do XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra no Centro de Artesanía e Deseño
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, inaugurará este mércores, día 8 de novembro, ás 20.00 horas, no pavillón central do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, a mostra fotográfica representativa do XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, un certame artístico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, e no que tomaron parte preto de 40 participantes.
A deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre; o coordinador do Espazo de Fotografía da USC, Eduardo Ochoa, e o fotógrafo lugués Carlos Valcárcel, que dá nome a unos premios outorgados neste certame, tamén participarán neste acto, no marco do que se procederá á entrega de agasallos aos participantes galardoados na última edición deste maratón fotográfico.