- Fecha de publicación
- Fecha de solicitud
- Plazo de resolución
O Banco Santander e a Universidad de Santiago de Compostela veñen colaborando nos últimos años en programas orientados especificamente a reforzar a calidade da docencia impartida, a mellorar a eficiencia da súa xestión académica, a facilitar o acceso a programas de formación continuada, a reforzar a súa proxección internacional e, en xeral, a elevar a oferta e o nivel dos servizos que a Universidade vén prestando aos membros da súa comunidade educativa.
Así, a Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa Fundación Banco Santander, ofrecen unha axuda valorada en 1.000 € ao estudantado con necesidades económicas demostradas para compensar os gastos derivados nos conceptos de aloxamento, transporte e material de estudo, sen prexuízo da posibilidade de ser beneficiario dos bonos comedor.
Obxecto das axudas
As presentes axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de aloxamento, transporte, e/ou material de estudo que as persoas matriculadas en estudos de grao ou mestrado na USC deban afrontar durante o curso 2024/2025.
O contido da axuda consistirá na achega da cantidade de 1.000 € por persoa beneficiaria, que se adxudicará ás 225 persoas que obteñan máis puntuación segundo o establecido nestas bases.
No caso de que a persoa beneficiaria sexa tamén beneficiaria das axudas para manutención durante o curso 2024/2025, a contía da axuda será de 480 €, unha vez descontado o bono comedor recibido, valorado en 520 €.
Requisitos das persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que cumpra os seguintes requisitos:
1. Requisitos académicos
- Estar matriculado/a no curso 2024/25 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.
- Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda.
- Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos, ou no caso de estudos de grao, formalizala dos créditos restantes para rematar os estudos.
- Non poderá participar o estudantado que estea cursando na USC un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o estudantado da USC que na data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade.
2. Requisitos económicos
Os requisitos económicos referiranse á Renda Persoal Dispoñible (RPD) da persoa solicitante, que non poderá superar os 9.000 euros, así como á existencia de situacións laborais e económicas de especial gravidade posteriores ao ano 2023 previstas no segundo punto, que haberán de xustificarse documentalmente. Neste último suposto, poderase optar ás axudas aínda que no exercicio correspondente para o cálculo da RPD se superasen os 9.000 euros.
Presentación de solicitudes
- O prazo para presentar as solicitudes estará aberto entre o 15 de outubro e o 5 de novembro de 2024
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos en dúas fases:
- A través da Sede Electrónica da USC enchendo o formulario normalizado de solicitude que está dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/180/ver.htm
- A través da plataforma do Banco Santander accedendo ao seguinte enderezo: http://app.santanderopenacademy.com/program/axudas-ao-estudo-para-o-estudantado-da-usc-durante-o-curso-2024-2025
- As solicitudes que non completen integramente as dúas fases teranse por desistidas e a persoa non poderá optar ás axudas
Xerencia - Axudas
- Cargo
- Xestión de axudas
- Dirección
- Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6. 15782 Santiago de Compostela
-
Teléfonos
-
881 811 307
881 811 301 - xerencia.axudas [at] usc.gal
Xerencia
- Casa da Balconada
-
Rúa Nova, nº 6, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 811 010
- xerente [at] usc.gal
Xerencia - Axudas
- Cargo
- Xestión de axudas
- Dirección
- Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6. 15782 Santiago de Compostela
-
Teléfonos
-
881 811 307
881 811 301 - xerencia.axudas [at] usc.gal
Xerencia
- Casa da Balconada
-
Rúa Nova, nº 6, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 811 010
- xerente [at] usc.gal