Pasar al contenido principal
A 24 edición da Mostra de Teatro Universitario será no mes de abril de 2024
Imaxe do cartel

A XXIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia desenvolverase en Compostela entre os días 22 e 30 de abril de 2024.

As representacións dos días 22, 23, 24 e 30 terán lugar no Teatro Principal ás 20.30 horas, e as dos días 26, 27 e 29 de abril terán lugar na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño ás 21.00 horas. A entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas para as funcións no Teatro Principal, e ás 20.30 horas para as funcións na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

Funcións
A compañía independente Calopsia Teatro (USC, Curso de Iniciación ao Teatro) abre esta edición do festival o luns 22 de abril coa peza Salón Colorado (The Colorado Lounge), de Helena Salgueiro.

O martes 23 de abril é a quenda para a Compañía de teatro da USC do Campus de Lugo coa representación Deixando a pel unha dramaturxia de Andrea González inspirada no personaxe de Sexismundo da obra A vida é soño, de Calderón de la Barca; na película Laurence Anyways, de Xavier Dolan, así como en relatos anónimos.

Desequilibrios, unha dramaturxia de Fernando Dacosta inspirada en Alguén voou sobre o niño do cuco, de Ken Kesey, é a obra coa que o Grupo Maricastaña da Aula de teatro do Campus de Ourense intervén no festival o mércores 24 de abril.

O venres 26 de abril a compañía independente El Enredo, da USC, representará Calígula, de Albert Camus, unha adaptación de Noelia Miguens e Andrés Fernández.

Ollos que non ven, unha peza de Marta Casais e Antía Cortegoso, será representada o sábado 27 de abril pola compañía independente Brinco de Venus, da USC.

O luns 29 de abril é o día no que a Aula de teatro da USC - Escola de Teatro represente Antropoloxía do bico (a síndrome do túnel carpiano), unha peza con textos de Paulinho Pereiro, Laura Valeiras, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot e Leila Guerriero.

E finalmente, a compañía independente Labarata Producións (USC) representará Apto/Non apto, unha creación colectiva a partir de Os que non fan nada, de Issac Badía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2024.