Pasar al contenido principal

O grupo Histagra organiza un obradoiro sobre os cambios de paradigma na historia rural

O grupo Histagra organiza un obradoiro sobre os cambios de paradigma na historia rural
O grupo Histagra organiza un obradoiro sobre os cambios de paradigma na historia rural

‘Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate’ é o lema do obradoiro de Historia que comeza este xoves 17 ás 9.00 horas na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia.

Organizado por Alba Díaz Geada e Lourenzo Fernández Prieto, investigadores do grupo Histagra, a través do proxecto ‘Os vectores do cambio estrutural das agriculturas atlánticas ibéricas_moto-mecanización e especialización leiteira’, esta acción formativa dá continuidade ao debate arredor dos cambios nos enfoques, métodos e nos suxeitos analizados pola Historia Agraria, centrando a reflexión no eixo teórico e nas súas mudanzas.

O programa arranca cunha primeira sesión dedicada á cuestión agraria arredor de 1975 e continuará cun bloque temático no que se debateran sobre as achegas de tres décadas de historiagrafía arredor de cuestións como o estudo dos comunais, agroecoloxía e historia ambiental, o cambio tecnolóxico, historia política do mundo rural ou democracia e acción colectiva no mundo rural. Este último bloque terá continuidade o venres nunha nova sesión na que se aborda o estudos demográficos, as actitudes sociais e resistencia fronte a ditadura ou a historia social e cultura na historia agraria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2019.